[language-switcher]
[language-switcher]

 

O Concello de Ribeira no afán de contribuír ao sostemento económico do noso comercio e da nosa hostalería particularmente, nos tempos de pandemia que nos tocan vivir, pon a disposición RIBEIRASTORE.COM. Unha ferramenta útil na que poderás atopar tendas de alimentación, roupa, calzado, xoguetes, beleza, ocio, frescos, aloxamentos, empresas de servicios, bares e restaurantes con tal só un click. Os negocios poderán estar presentes con tan só cubrir un cuestionario.

Este proxecto pretende poñer luz e dar visibilidade ás nosas empresas locales, apoiar e fomentar a recuperación das Pemes locais e do comercio e da hostelería de proximidad ante o impacto económico e social da crise xerada por mor da pandemia  da Covid-19.

Unha iniciativa de carácter aberto que pretende aunar nun Marketplace as pequenas e medianas empresas do sector con ganas de dar un salto dixital e poñer o seu negocio na rede. Axudando con isto á formación dixital dos negocios da localidade e darlle un plus de calidade.

Un proxecto impulsado dende a Concellería de Innovación Tecnolóxica e a Concellería de Comercio e Turismo no marco do Plan Reactiva Ribeira.

Queremos fomentar a economía colaborativa xerando unha ferramenta que impulse ao cidadán a comprar productos ou reservar servicios no noso Concello, utilizando o concepto de Omnicanalidade.

RibeiraStore é un ente vivo en constante evolución adaptándose as necesidades dos seus usuarios e crecendo con eles.

Animámosvos a que participedes porque Ribeira é un MAR DE COMERCIOS.